Consellos de uso

Descubre os consellos que dende Gas Natural Redes GLP che damos para facer un bo uso do gas e manter a túa instalación en bo estado.

Pon a túa instalación en mans de profesionais

Só unha empresa instaladora autorizada pode facer ou modificar unha instalación de gas.

Se encontras algunha anomalía nos aparellos ou na instalación de gas, chama o servizo técnico do fabricante do aparello ou unha empresa instaladora autorizada para corrixilo o antes posible.

Presta atención á túa instalación

O bo estado da lapa (estable e azul) demostra unha boa combustión. Evita que se apaguen os fogóns mentres cociñas.

Se o fume da lapa mancha as cazolas, avisa o servizo técnico do fabricante do aparello, pois é sinal dunha mala combustión.

Vixía o estado dos tubos flexibles dos aparellos e pide os instaladores que che instalen tubos de alta seguridade que cumpran coa normativa vixente.

Mantén a instalación ao día

Segundo a normativa vixente, ti es o responsable do mantemento da instalación e do bo uso desta e dos aparatos de gas.

A compañía distribuidora debe realizar unha inspección periódica das instalacións de gas e o usuario facilitar o acceso para poder realizala.

Coñece en profundidade en que consisten as inspeccións periódicas..

Mantén unha ventilación axeitada

As reixas de ventilación deben estar en perfectas condicións. Non as obstrúas en ningún caso.

Se acristalas a terraza, non esquezas dicirlles aos operarios que teñen que abrir as fendas de ventilación.

O tubo de saída dos gases é fundamental para o bo funcionamento dos aparellos. Fai que cho instale un especialista, seguindo a normativa.

En ausencias prolongadas

Se tes que estar fóra por un tempo longo (máis de dous días) pecha a chave de paso do gas da túa casa.