Ausente o día da inspección

Contámosche o que debes facer se non estabas no domicilio o día fixado para a inspección periódica e resolvemos todas as dúbidas que poidas ter sobre como concertar unha nova visita.

Deberás concertar unha nova cita para realizar a inspección.

Ponte en contacto co noso servizo de Atención ao cliente no teléfono 900 510 511 dispoñible as 24 horas do día. .

A túa instalación de gas require certos coidados para garantir a súa utilidade. Non esquezas pasar a inspección, é pola túa seguridade. Se non se pasa a inspección, notificarase ao organismo competente da túa comunidade autónoma e pode interromperse a subministración de gas..

Ponte en contacto co noso Servizo de Atención ao cliente no teléfono 900 510 511 dispoñible as 24 horas do día para concertar unha nova cita.

Teño que pagar a inspección periódica?


Non deberás realizar ningún pagamento no momento da inspección
, tanto se a realizas connosco ou cunha empresa instaladora habilitada de gas.

O custo da inspección cargarase na factura de gas.

Solicita sempre a acreditación profesional e desconfía de visitas non programadas de empresas sen autorización.