Aforro e eficiencia

Coidar o medio ambiente e a contorna que nos rodea é responsabilidade de todos. Dado que os recursos da natureza son limitados, temos que facer un consumo responsable da enerxía. Os fogares son os responsables do 17% do consumo enerxético de España, polo que todos os cidadáns podemos colaborar na redución deste consumo. Con estes pequenos xestos para ser máis eficientes coa enerxía no fogar, entre todos tamén contribuiremos a unha mellor preservación do medio ambiente.

climatizacion3

A calefacción supón preto do 39% do consumo enerxético dos fogares, polo que é moi importante prestar especial atención á climatización do noso fogar.

Climatización

Realizar o mantemento periódico das caldeiras e equipos de calefacción para mantelas en óptimo funcionamento.

Para aforrar en calefacción, cómpre axustar o termóstato entre 19 ºC e 21 ºC. Cando non haxa ninguén na casa, mantelo entre 15 ºC e 17 ºC. En verán, a                temperatura óptima é duns 25 °C

As reixas de ventilación deben estar en perfectas condicións, sen obstrucións.

 As modificacións en instalacións ou en aparatos de gas deben ser realizadas por empresas instaladoras habilitadas.

O mellor lugar para colocar os radiadores é debaixo da ventá. Así, favoreceremos a correcta difusión do aire polo cuarto.

Hai que purgar os radiadores da vivenda periodicamente.

Pechar as chaves dos radiadores das estancias que non se utilicen habitualmente e manter a porta pechada.

As cortinas evitan perdas de calor, aínda que non deben tapar nin obstruír os radiadores.

Pechar as ventás e cortinas pola noite para evitar perdas de calor.

Con só 10 minutos a primeira hora da mañá, pódense ventilar as estancias.

aislamiento

O 40% das perdas de calor prodúcense polas ventás. Con pequenas melloras no illamento, podemos conseguir importantes aforros enerxéticos e económicos.

Illamento

Instalar dobre ventá ou substituír o vidro e a carpintaría das ventás por outras máis eficientes.

Un fogar ben illado reduce os custos de calefacción entre un 20% e un 40%

Vixía que as caixas das persianas non teñan fendas e estean convenientemente illadas.

Empregar silicona, masilla ou burletes para diminuír posibles perdas de calor.

agua,6

A auga quente sanitaria (ACS), cun 12,6%, é o segundo foco de consumo enerxético nos fogares españois, polo que é necesario ter en conta unha serie de medidas de aforro e boas prácticas.

Uso da auga

Mellor unha ducha que un baño: unha ducha gasta uns 50 litros de auga, mentres que a bañeira chea gasta uns 300 litros.

Pechar as billas mentres non utilicemos a auga, xa que por unha billa aberta saen 10 litros por minuto.

Hai que reparar as billas que perdan auga; unha billa que gotea pode gastar ata 30 litros ao día.

Instalar nas billas dispositivos redutores do caudal; enróscanse nas mesmas billas e reducen o consumo ata na metade.

Limitar as temperaturas máximas de almacenado e distribución para reducir perdas térmicas.

As canalizacións polas que transcorre deben estar perfectamente illadas. Canto máis longo sexa o percorrido, máis perdas haberá.

cocina

O gas natural como enerxía ofrece múltiples vantaxes á hora de cociñar. Ademais, en comparación con outras enerxías, o gas natural resulta tamén máis económico e é unha enerxía segura, limpa e respectuosa co medio ambiente.

Cociña

Utilizar potas e tixolas que teñan un diámetro algo superior á superficie da placa fai que a cocción sexa máis rápida e se aforre ata un 20%.

Cociñar cun recipiente con tapa axudaranos a aforrar ata un 25% de enerxía. E apagar o lume 5 ou 10 minutos antes de rematar a cocción para aproveitar a calor       residual.

Cando cociñas, é mellor utilizar potas a presión ou rápidas, xa que reducen ata un 60% o consumo enerxético.